
Esta xornada formativa, dirixida a mozos e mozas de 14 a 30 anos, pretende achegar ferramentas básicas para a dinamización e a participación xuvenil no contexto do ocio.A liña de traballo nesta xornada, así como a estrutura e os contidos da proposta, serán flexibles e adaptables aos participantes, conxugarase a parte formativa, coa cal se iniciará un percorrido educativo sobre diversos centros de interese (educación, xénero, medio ambiente, interculturalidade...) e ámbitos de actuación (físico-deportivo, cultural, artístico, tecnolóxico...), de investigación o que propiciará un coñecemento sobre as opinións da xente nova e os seus recursos e a dinamización, que lles posibilitará aos/ás participantes a posta en práctica das ideas e propostas de creación propia.
Dinamizadores xuvenís
-Data: 17 de xullo de 2010
-Destinatarios: mozos e mozas entre 14 e 30 anos
-Lugar de realización: Vilasantar, Escola de Agricultura Ecolóxica
-Horario: das 9.00 ás 19.00 h (saída en bus desde o Fórum)
-N.º de prazas: 25
-
Inscrición: do 1 ao 10 de xullo de 2010, en
www.coruna.es/nex