sexta-feira, 29 de abril de 2011

SEN RASTRO....

ATENCIÓN!!!! chega..... SEN RASTRO...


Como? Non sabes que é??

Espera que iso temos que resolvelo.....


É unha actividade con pernocta (vamos, de durmir fóra) que imos levar a cabo da tarde sábado 14 de maio ao mediodía do domingo 15 de maio, no Albergue de Gandario (tranquilas/os....saímos todas/os do Fórum en bus).



Que teño que levar?

Unha vez que teñades plaza enviarásevos un correo electrónico desde noitenovamocidade@gmail.com onde teredes todas as indicacións necesarias así que...non vos preocupedes. Ah!! iso sí... non esquezades o DNI...


Onde fago a inscrición?

en ww.coruna.es/nex a partires do 8/05/2011...por certo....prazas limitadas!!!



Que vou facer alí?

básicamente.... pasalo ben e a partir de aí..... xogar, rir, rastrexar, rir, equipo, rir, durmir, rir, divertirte, rir, participar,...sabes que palabra ven agora.... non é un erro tipográfico é o que queremos que fagas a fin de semana....que che parece??