segunda-feira, 23 de maio de 2011

Sen rastro....en imaxes!!




Porque foi o mellor peche para esta edición de NOITENOVA....

Porque sabemos que estades ansiosos e ansiosas por velas.....

Aquí tedes as mellores imaxes de

SEN RASTRO... Disfrutádeas!!

Como? Que queredes video?? Dacordo... Veremos o que podemos facer...

segunda-feira, 9 de maio de 2011

NOITENOVA EXPRESS



CANDO?
O 13 de maio de 2011, ás 21.00 h

ONDE?
Noitenova Express sairá desde o EIX (Espazo Iniciativas Xuvenís, rúa Matadoiro 68)

COMO PODO PARTICIPAR?
1º Fai a inscrición individual en www.coruna.es/nex
2ºO día 13 de maio, preentate no EIX as 21.00 e dinos se participas individualmente ou equipo. Ollo!! os equipos poderan ser de 1 a 4 persoas pero TODAS DEBEN ESTAR INSCRITAS!!

QUE TEÑO QUE LEVAR?
E indispensable o DNI para poder participar e, por suposto, as gañas de xogar.

HAI PREMIOS?
Todas as persoas que participen recibirá unha CAMISOLA e participarán no SORTEO de 2 entradas para o concerto que DANI MARTÍN dará na Coruña o 21 de maio. O sorteo celebrarase ao final do xogo entre todas as persoa que participaran en NOITENOVA EXPRESS.

TAMÉN HAI PREMIOS POR EQUiPOS?
Pois sí, faremos unha clasificación cos equipos que cheguen ao final, por rigurosa orde de chegada, e que acadaran todas as pistas e resolveran correctamente todas as probas que se atopen polo camiño. Así, e segundo a posición de chegada, os premios será:

1º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en primeiro lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
- 4 entradas para o concerto de DANI MARTÍN na Coruña o 21 de maio de 2011

2º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en segundo lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
-4 entradas para o torneo de Fútbol Indoor da Coruña

3º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en terceiro lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
- Lote de productos culturais composto por libros, guías, cds...

quarta-feira, 4 de maio de 2011

6 e 7 de MAIO

O MISTERIO
DAS PEDRAS
participa neste xogo contrarreloxo no que descubrir lugares onde cada pedra e cada paso forman parte dun antigo e misterioso camiño que percorre as rúas da cidade vella.

Cando?? O 6 de maio de 2011

Horario?? Das 21.00 ás 23.00 h

Onde podo inscribirme?? en www.coruna.es/nex

E se teño máis dúbidas?? podes preguntalas a través do noso enderezo electrónico noitenovamocidade@gmail.com




obradoiro de MONÓLOGOS
o 6 e o 7 de maio, das 20.00 ás 23.00 h, terás a oportunidade de convertirte nun experto monologuista coa axuda de Pedro.... Incribícheste?? Lembra que o prazo remata mañá xoves 5 ás 13.00h.