quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010

De volta da festa

De volta do Entroido, seguro que con moito que contar, comezan as actividades desta fin de semana onde poder compartir con todos as túas peripecias "entroideiras".
Só tés que escoller actividade e ... a participar!!

VENRES 19 DE FEBREIRO

Tai-Chi
Esta antiga arte marcial chinesa, con probados beneficios para a saúde mental e física, realízase mediante movementos relaxados e harmoniosos en combinación coa respiración e a concentración.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Centro Veciñal Santa Margarita

Risas á esgalla
A risa é activa, creativa, aberta, contaxiosa, universal... A risa fortalece e enriquece as relacións humanas. Plantexámosche aquí....Risoterapia para todos e todas!!
*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Danzas africanas

Estas danzas baséanse en ritmos tribais, sons percutidos e sincronización da respiración e movemento. Bota fóra os complexos, libera tensións e participa con nós.

*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Pílulas Audiovisuais
Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas, de montaxe e gravarás a túa propia pílula audiovisual.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Fórum Metropolitano


SÁBADO 20 DE FEBREIRO

Aikido

Esta actividade síntese das artes marciais xaponesas, é unha auténtica ciencia do combate adaptable ás capacidades de cada un.


Customización de paraugas

Dalle renda solta aos teus gustos estéticos, tuneando o teu paraugas, accesorio imprescindible para vivir nesta cidade

*Das 20.00 ás 22.00 h no C.X Abeiro

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Fin de semana de Entroido

O comezo de NOITENOVA, coincide coa fin de semana máis "entroideira" da cidade. Para sumarnos á festa do Entroido, propoñémosche as seguintes actividades:

Disfraces de emerxencia

Pénsao, cantas veces deixaches de saír no Entroido por non conseguir un disfrace a tempo? Déixate de escusas, de aquí sairás mais que preparado para unirte a túa comparsa.

O sábado 13 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h

En AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules

Caracterización do Entroido

Traballa coa maquillaxe a expresión facial atopando múltiples posibilidades de transformación. Celebra o Entroido converténdote niso que desexamos, que nos asusta ou que nos gustaría ser por un día.

O venres 12 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h

Na A.C. Manicómicos

Máscaras de Entroido

Déixanos amosarche un obradoiro de cerámica da cidade e elabora ti mesmo a túa máscara segundo as técnicas tradicionais.

Venres 12 de febreiro e sábado 13 de febreiro

Das 19.00 ás 23.00 h no Taller V/M

E, por se o Entroido non é o teu...

Pílulas Audiovisuais*

Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas e montaxe e gravarás a túa propia pílula dixital.

O venres 12 de febreiro, das 19.00 ás 21.00 h

No Fórum Metropolitano

*Actividade de continuidade






terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

NOITENOVA... O retorno

Achégase o Entroido e con el comeza a 5ª edición do programa Noitenova, deseñado pola Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña.

Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, Noitenova tentará ofrecer unha serie de actividades de balde, para mozos e mozas de 14 a 30 anos, para que as teñan en conta á hora de planificar a súa fin de semana.

Son actividades deportivas, artísticas, tecnolóxicas, culturais..., boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable coa súa xente e con outras mozas e mozos.