quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010

De volta da festa

De volta do Entroido, seguro que con moito que contar, comezan as actividades desta fin de semana onde poder compartir con todos as túas peripecias "entroideiras".
Só tés que escoller actividade e ... a participar!!

VENRES 19 DE FEBREIRO

Tai-Chi
Esta antiga arte marcial chinesa, con probados beneficios para a saúde mental e física, realízase mediante movementos relaxados e harmoniosos en combinación coa respiración e a concentración.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Centro Veciñal Santa Margarita

Risas á esgalla
A risa é activa, creativa, aberta, contaxiosa, universal... A risa fortalece e enriquece as relacións humanas. Plantexámosche aquí....Risoterapia para todos e todas!!
*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Danzas africanas

Estas danzas baséanse en ritmos tribais, sons percutidos e sincronización da respiración e movemento. Bota fóra os complexos, libera tensións e participa con nós.

*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Pílulas Audiovisuais
Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas, de montaxe e gravarás a túa propia pílula audiovisual.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Fórum Metropolitano


SÁBADO 20 DE FEBREIRO

Aikido

Esta actividade síntese das artes marciais xaponesas, é unha auténtica ciencia do combate adaptable ás capacidades de cada un.


Customización de paraugas

Dalle renda solta aos teus gustos estéticos, tuneando o teu paraugas, accesorio imprescindible para vivir nesta cidade

*Das 20.00 ás 22.00 h no C.X Abeiro

Nenhum comentário:

Postar um comentário