sexta-feira, 1 de outubro de 2010

I Jam do Ventorrillo

A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou a I Jam do Ventorrillo, que terá lugar esta fin de semana(2 e 3 de outubro), e na que se unirán a música e o graffiti no barrio do Ventorrillo.

A iniciativa xorde dun grupo de mozos do propio barrio e é "unha proposta moi interesante", tal e como destacou a propia concelleira, que mostra un barrio vivo cunha mocidade activa e comprometida.
Roberto Escariz e Brais Rodríguez, organizadores desta I Jam do Ventorrillo, destacaron que con esta iniciativa pretenden "embelecer o barrio" á vez que atraen a veciños e veciñas doutros barrios a visitar o Ventorrillo e gozar dunha actividade moi interesante e festiva.
Esta I Jam do Ventorrillo contará coa colaboración de artistas do graffiti doutras zonas de Galicia ademais dos propios artistas do barrio.


Nenhum comentário:

Postar um comentário