
quarta-feira, 6 de outubro de 2010
COMEZAMOS....6ª EDICIÓN

sexta-feira, 1 de outubro de 2010
I Jam do Ventorrillo
A iniciativa xorde dun grupo de mozos do propio barrio e é "unha proposta moi interesante", tal e como destacou a propia concelleira, que mostra un barrio vivo cunha mocidade activa e comprometida.
Roberto Escariz e Brais Rodríguez, organizadores desta I Jam do Ventorrillo, destacaron que con esta iniciativa pretenden "embelecer o barrio" á vez que atraen a veciños e veciñas doutros barrios a visitar o Ventorrillo e gozar dunha actividade moi interesante e festiva.
Esta I Jam do Ventorrillo contará coa colaboración de artistas do graffiti doutras zonas de Galicia ademais dos propios artistas do barrio.

quinta-feira, 1 de julho de 2010
Formación para... DINAMIZADORES XUVENÍS

-Data: 17 de xullo de 2010
-Destinatarios: mozos e mozas entre 14 e 30 anos
-Horario: das 9.00 ás 19.00 h (saída en bus desde o Fórum)
-N.º de prazas: 25
-Inscrición: do 1 ao 10 de xullo de 2010, en www.coruna.es/nex
segunda-feira, 28 de junho de 2010
Para camiñar no verán....

Nesta guía pódese atopar información sobre albergues públicos e privados, información relativa a permisos e carnés, rutas e outras moitas informacións de utilidade para antes de iniciar o camiño e para o propio Camiño.
quarta-feira, 21 de abril de 2010
Tres en Raia A Coruña 2010
Esto foi o que fixeron hai ben pouquiño en Noitenova, no Tres en Raia, e...imáxinádevos o que teñen preparado para agora.... O 24 de abril, na praza de San Cristóbal (fronte a Estación do Tren) demostraran as súas habilidades. todavía estas a tempo de incribirte para participar. Entra en www.coruna.es/nex
Skaters Coruña
No mesmo espazo pero empo despois volven a atoparse.... O 24 de abril, na praza de San Cristóbal, os Skaters propoñen novos retos e novas probas que....Non vos podedes perder!!
Anotádevos para participar!! www.coruna.es /nex
terça-feira, 20 de abril de 2010
segunda-feira, 12 de abril de 2010
Por aquí andamos...
Radio no Fóroum Metropolitano
Das 20.00 ás 22.00 h

O pracer da erótica no Fórum Metropolitano
Das 21.00 ás 23.00 h
Deseño con ferramentas libres
Das 19.00 ás 21.00 h
Xincana fotográfica na A.C Alexandre Bóveda
Das 20.00 ás 22.00 h

Sábado 17 de abril
Blogues na biblioteca do Castrillón
Das 19.00 ás 21.00 h

Clown na A.C. Manicómicos
Das 19.00 ás 22.00 h

Danza oriental no C.S Sagrada Familia
Das 20.30 ás 22.30 h
Ultimate Fresbee na praia de Riazor
das 18.30 ás 20.30 h
quinta-feira, 25 de março de 2010
Oíches? que xa case volvemos!
segunda-feira, 15 de março de 2010
segunda-feira, 8 de março de 2010
*Venres 12 de marzo
-Bixutaría na AA.VV. Agra do Orzán
Das 21.00 ás 23.00 h
(2 sesións)
-100% Animal na AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules
Ás 20.00 h
-Stencil no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h
(4 sesións)

-Pílulas audiovisuais no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h
(4 sesións)
*Sábado 13 de marzo de 2010
-Redes Sociais (Facebook, tuenti...) no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 21.00 h

-Escalada no Pavillón de Riazor
Das 21.00 ás 23.00 h

-Bixutaría na AA.VV. Agra do Orzán
Das 21.00 ás 23.00 h
-Reiki no C.S. Sagrada Familia
Das 20.30 ás 22.30 h
-Andarela: Ruta da auga de Guitiriz
Das 09.00 ás 20.00 h (Saída desde o Fórum Metropolitano)
terça-feira, 2 de março de 2010
Marzo, marzal...
-SKATE na Polideportiva de Riazor
quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010
De volta da festa


Estas danzas baséanse en ritmos tribais, sons percutidos e sincronización da respiración e movemento. Bota fóra os complexos, libera tensións e participa con nós.
*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de MonelosPílulas Audiovisuais
Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas, de montaxe e gravarás a túa propia pílula audiovisual.
*Das 19.00 ás 22.00 h no Fórum Metropolitano
SÁBADO 20 DE FEBREIRO
Aikido
Esta actividade síntese das artes marciais xaponesas, é unha auténtica ciencia do combate adaptable ás capacidades de cada un.
Customización de paraugas
Dalle renda solta aos teus gustos estéticos, tuneando o teu paraugas, accesorio imprescindible para vivir nesta cidade
*Das 20.00 ás 22.00 h no C.X Abeiro
quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010
Fin de semana de Entroido
Disfraces de emerxencia
Pénsao, cantas veces deixaches de saír no Entroido por non conseguir un disfrace a tempo? Déixate de escusas, de aquí sairás mais que preparado para unirte a túa comparsa.
O sábado 13 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h
En AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules
Caracterización do Entroido
Traballa coa maquillaxe a expresión facial atopando múltiples posibilidades de transformación. Celebra o Entroido converténdote niso que desexamos, que nos asusta ou que nos gustaría ser por un día.
O venres 12 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h
Na A.C. Manicómicos
Máscaras de Entroido
Déixanos amosarche un obradoiro de cerámica da cidade e elabora ti mesmo a túa máscara segundo as técnicas tradicionais.
Venres 12 de febreiro e sábado 13 de febreiro
Das 19.00 ás 23.00 h no Taller V/M

Pílulas Audiovisuais*
Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas e montaxe e gravarás a túa propia pílula dixital.
O venres 12 de febreiro, das 19.00 ás 21.00 h
No Fórum Metropolitano
*Actividade de continuidade
terça-feira, 9 de fevereiro de 2010
NOITENOVA... O retorno
