terça-feira, 16 de agosto de 2011

PARTICIPA COA TUA PROPOSTA...

CASE Estamos de volta!!! NOITENOVA regresa en outubro e coma sempre..... buscamos a vosa PARTICIPACIÓN... Que podes aportar.... pois moi fácil:

1) Podes enviarnos unha mensaxe e suxerirnos propostas novedosas que ofertar en noitenova. Así, en plan sinxelo.

2)Queres dinamizar unha actividade? Envíanos un mail ou un privado coa tua proposta (descrición, etc..) e os teus datos de contacto. Cando a leamos..., se precisamos máis datos, poñémos en contacto convosco

3) Acabas de ver unha super proposta que se fai "nonseionde" e pensas...Por que non aquí?? Pois xa sabes, envíanos o enlace para que poidamos vela que...nunca se sabe!!

4) Sigues con dúbidas... non dubides, preguntanos o que precises que intentamos aclarche todo o que poidamos.

Esperamos as vosas aportación ATÉ O 4 DE SETEMBRO!!CONTAMOS CONVOSCO!!!!!!!!!!!!

segunda-feira, 23 de maio de 2011

Sen rastro....en imaxes!!




Porque foi o mellor peche para esta edición de NOITENOVA....

Porque sabemos que estades ansiosos e ansiosas por velas.....

Aquí tedes as mellores imaxes de

SEN RASTRO... Disfrutádeas!!

Como? Que queredes video?? Dacordo... Veremos o que podemos facer...

segunda-feira, 9 de maio de 2011

NOITENOVA EXPRESS



CANDO?
O 13 de maio de 2011, ás 21.00 h

ONDE?
Noitenova Express sairá desde o EIX (Espazo Iniciativas Xuvenís, rúa Matadoiro 68)

COMO PODO PARTICIPAR?
1º Fai a inscrición individual en www.coruna.es/nex
2ºO día 13 de maio, preentate no EIX as 21.00 e dinos se participas individualmente ou equipo. Ollo!! os equipos poderan ser de 1 a 4 persoas pero TODAS DEBEN ESTAR INSCRITAS!!

QUE TEÑO QUE LEVAR?
E indispensable o DNI para poder participar e, por suposto, as gañas de xogar.

HAI PREMIOS?
Todas as persoas que participen recibirá unha CAMISOLA e participarán no SORTEO de 2 entradas para o concerto que DANI MARTÍN dará na Coruña o 21 de maio. O sorteo celebrarase ao final do xogo entre todas as persoa que participaran en NOITENOVA EXPRESS.

TAMÉN HAI PREMIOS POR EQUiPOS?
Pois sí, faremos unha clasificación cos equipos que cheguen ao final, por rigurosa orde de chegada, e que acadaran todas as pistas e resolveran correctamente todas as probas que se atopen polo camiño. Así, e segundo a posición de chegada, os premios será:

1º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en primeiro lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
- 4 entradas para o concerto de DANI MARTÍN na Coruña o 21 de maio de 2011

2º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en segundo lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
-4 entradas para o torneo de Fútbol Indoor da Coruña

3º premio: para o equipo de 1 a 4 persoas, que chegue en terceiro lugar e que cumprira todas as instruccións do xogo, completandoo correctamente.
- Lote de productos culturais composto por libros, guías, cds...

quarta-feira, 4 de maio de 2011

6 e 7 de MAIO

O MISTERIO
DAS PEDRAS
participa neste xogo contrarreloxo no que descubrir lugares onde cada pedra e cada paso forman parte dun antigo e misterioso camiño que percorre as rúas da cidade vella.

Cando?? O 6 de maio de 2011

Horario?? Das 21.00 ás 23.00 h

Onde podo inscribirme?? en www.coruna.es/nex

E se teño máis dúbidas?? podes preguntalas a través do noso enderezo electrónico noitenovamocidade@gmail.com




obradoiro de MONÓLOGOS
o 6 e o 7 de maio, das 20.00 ás 23.00 h, terás a oportunidade de convertirte nun experto monologuista coa axuda de Pedro.... Incribícheste?? Lembra que o prazo remata mañá xoves 5 ás 13.00h.















sexta-feira, 29 de abril de 2011

SEN RASTRO....

ATENCIÓN!!!! chega..... SEN RASTRO...


Como? Non sabes que é??

Espera que iso temos que resolvelo.....


É unha actividade con pernocta (vamos, de durmir fóra) que imos levar a cabo da tarde sábado 14 de maio ao mediodía do domingo 15 de maio, no Albergue de Gandario (tranquilas/os....saímos todas/os do Fórum en bus).



Que teño que levar?

Unha vez que teñades plaza enviarásevos un correo electrónico desde noitenovamocidade@gmail.com onde teredes todas as indicacións necesarias así que...non vos preocupedes. Ah!! iso sí... non esquezades o DNI...


Onde fago a inscrición?

en ww.coruna.es/nex a partires do 8/05/2011...por certo....prazas limitadas!!!



Que vou facer alí?

básicamente.... pasalo ben e a partir de aí..... xogar, rir, rastrexar, rir, equipo, rir, durmir, rir, divertirte, rir, participar,...sabes que palabra ven agora.... non é un erro tipográfico é o que queremos que fagas a fin de semana....que che parece??

quarta-feira, 6 de outubro de 2010

COMEZAMOS....6ª EDICIÓN

Noitenova está de volta e comeza a moverse....

Podes ver todas as actividades entrando na web www.coruna.es/nex e descargando o falleto. Que xa escolliches ás que vas a vindeira fin de semana pois para que non perdas tempo e de forma excepcional.... deixamos ABERTO o PRAZO DE INSCRICIÓN.

Xa sabes:

1) Bótalle un ollo ás actividades

2)Decide o que che apetece facer a vindeira finde

3)Inscríbete!!!

Facelo máis sinxelo e casi imposible, non si???? =)


sexta-feira, 1 de outubro de 2010

I Jam do Ventorrillo

A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou a I Jam do Ventorrillo, que terá lugar esta fin de semana(2 e 3 de outubro), e na que se unirán a música e o graffiti no barrio do Ventorrillo.

A iniciativa xorde dun grupo de mozos do propio barrio e é "unha proposta moi interesante", tal e como destacou a propia concelleira, que mostra un barrio vivo cunha mocidade activa e comprometida.
Roberto Escariz e Brais Rodríguez, organizadores desta I Jam do Ventorrillo, destacaron que con esta iniciativa pretenden "embelecer o barrio" á vez que atraen a veciños e veciñas doutros barrios a visitar o Ventorrillo e gozar dunha actividade moi interesante e festiva.
Esta I Jam do Ventorrillo contará coa colaboración de artistas do graffiti doutras zonas de Galicia ademais dos propios artistas do barrio.


quinta-feira, 1 de julho de 2010

Formación para... DINAMIZADORES XUVENÍS

Esta xornada formativa, dirixida a mozos e mozas de 14 a 30 anos, pretende achegar ferramentas básicas para a dinamización e a participación xuvenil no contexto do ocio.A liña de traballo nesta xornada, así como a estrutura e os contidos da proposta, serán flexibles e adaptables aos participantes, conxugarase a parte formativa, coa cal se iniciará un percorrido educativo sobre diversos centros de interese (educación, xénero, medio ambiente, interculturalidade...) e ámbitos de actuación (físico-deportivo, cultural, artístico, tecnolóxico...), de investigación o que propiciará un coñecemento sobre as opinións da xente nova e os seus recursos e a dinamización, que lles posibilitará aos/ás participantes a posta en práctica das ideas e propostas de creación propia.


Dinamizadores xuvenís
-Data: 17 de xullo de 2010
-Destinatarios: mozos e mozas entre 14 e 30 anos
-Lugar de realización: Vilasantar, Escola de Agricultura Ecolóxica
-Horario: das 9.00 ás 19.00 h (saída en bus desde o Fórum)
-N.º de prazas: 25
-Inscrición: do 1 ao 10 de xullo de 2010, en www.coruna.es/nex

segunda-feira, 28 de junho de 2010

Para camiñar no verán....

O CMIX presenta a súa guía Vaivén adicada aos Camiños de Santiago

Trátase dunha guía lixeira con información útil e completa para todos aqueles que desexen facer algún dos Camiños de Santiago tal e como sinalou Ermitas Valencia. En total repartiranse 1.500 guías de xeito gratuito entre todos aqueles que se acheguen ao CMIX solicitando información sobre o Camiño.

Nesta guía pódese atopar información sobre albergues públicos e privados, información relativa a permisos e carnés, rutas e outras moitas informacións de utilidade para antes de iniciar o camiño e para o propio Camiño.

quarta-feira, 21 de abril de 2010

Tres en Raia A Coruña 2010

Esto foi o que fixeron hai ben pouquiño en Noitenova, no Tres en Raia, e...imáxinádevos o que teñen preparado para agora.... O 24 de abril, na praza de San Cristóbal (fronte a Estación do Tren) demostraran as súas habilidades. todavía estas a tempo de incribirte para participar. Entra en www.coruna.es/nex

Skaters Coruña

No mesmo espazo pero empo despois volven a atoparse.... O 24 de abril, na praza de San Cristóbal, os Skaters propoñen novos retos e novas probas que....Non vos podedes perder!!

Anotádevos para participar!! www.coruna.es /nex

terça-feira, 20 de abril de 2010

Entramos na recta final de NOITENOVA por iso, esta fin de semana, ímonos atrever con... Iniciación á radio cos/as de CUAC FM que estarán connosco no Fórum, Body Combact no complexo deportivo de San Diego, Clown con Carlos, co que estaremos en Manicómicos, Escalada con Dani e Pablo do club Pico do Castro no pavillón de Riazor, pesca con cana cos amigos do club de pesca deportiva O Capote, ilustración con Víctor na AA.VV Atochas-Monte Alto e..... Atención que veñen os SkAtErS!!!!!!!

segunda-feira, 12 de abril de 2010

Por aquí andamos...

Venres 16 de abril

Radio no Fóroum Metropolitano
Das 20.00 ás 22.00 h

O pracer da erótica no Fórum Metropolitano
Das 21.00 ás 23.00 h

Deseño con ferramentas libres
Das 19.00 ás 21.00 h

Xincana fotográfica na A.C Alexandre Bóveda
Das 20.00 ás 22.00 h




Sábado 17 de abril



Blogues na biblioteca do Castrillón
Das 19.00 ás 21.00 h


Clown na A.C. Manicómicos
Das 19.00 ás 22.00 h



Danza oriental no C.S Sagrada Familia
Das 20.30 ás 22.30 h


Ultimate Fresbee na praia de Riazor
das 18.30 ás 20.30 h

quinta-feira, 25 de março de 2010

Oíches? que xa case volvemos!

Imos darvos dúas semanas de descanso pero....
o 9 de abril estamos de volta!!!
rAdIo, ErÓtIcA, pEsCa, ClOwN, dAnZa ...
Agárradevos que veñen curvas!!!!

segunda-feira, 15 de março de 2010

Este sábado 20 de marzo, podes escoller entre....


Loita galega no pavillón de Riazor

Das 20.00 ás 22.00 h


Horta no C.V Castro de Elviña

Das 17.30 ás 19.30 h


Ioga para 2 no C.S. Sagrada Familia

Das 20.30 ás 22.30 h


Rei de pista no Polideportivo de Riazor

Das 18.00 ás 22.00 h
**Inscricións até o 18/03/2010

segunda-feira, 8 de março de 2010


Para esta fin de semana en NOITENOVA temos:

*Venres 12 de marzo

-Bixutaría na AA.VV. Agra do Orzán
Das 21.00 ás 23.00 h
(2 sesións)

-100% Animal na AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules
Ás 20.00 h

-Stencil no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h
(4 sesións)

-Pílulas audiovisuais no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h
(4 sesións)

*Sábado 13 de marzo de 2010

-Redes Sociais (Facebook, tuenti...) no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 21.00 h

-Escalada no Pavillón de Riazor
Das 21.00 ás 23.00 h

-Bixutaría na AA.VV. Agra do Orzán
Das 21.00 ás 23.00 h

-Reiki no C.S. Sagrada Familia
Das 20.30 ás 22.30 h

-Andarela: Ruta da auga de Guitiriz
Das 09.00 ás 20.00 h (Saída desde o Fórum Metropolitano)

terça-feira, 2 de março de 2010

Marzo, marzal...

A primeira fin de semana de marzo, en NOITENOVA poderás atopar:

*Venres 5 de marzo

-BIKE no complexo Polideportivo de San Diego
Das 21.30 ás 22.30 h


-PÍLULAS AUDIOVISUAIS no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h

-FAUNA NOCTURNA no contorno da Torre de Hércules
Das 20.00 ás 23.00 h

-XADREZ en Ascodi (C.C.M. Labañou)
Das 18.30 ás 20.30 h


-TAI-CHI no C.C.V. Santa Margarita
Das 19.00 ás 22.00 h
-100% ANIMAL na AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules
Ás 22.00 h
-ESPADA ANTIGA no Pavillón de Riazor
Das 20.00 ás 22.00 h


-STENCIL no Fórum Metropolitano
Das 19.00 ás 22.00 h

*Sábado 6 de marzo
-TÍTERES DE GOMAESPUMA na AA.VV Atochas-Monte Alto Torre de Hércules
Das 20.00 ás 22.00 h
-REPOSTERÍA no C.C.M. Os Rosales
Das 18.45 ás 20.45 h


-ESPADA ANTIGA no Pavillón de Riazor
Das 20.00 ás 22.00 h

-SKATE na Polideportiva de Riazor
Ás 17.00 h


Anímate e participa!!

quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010

De volta da festa

De volta do Entroido, seguro que con moito que contar, comezan as actividades desta fin de semana onde poder compartir con todos as túas peripecias "entroideiras".
Só tés que escoller actividade e ... a participar!!

VENRES 19 DE FEBREIRO

Tai-Chi
Esta antiga arte marcial chinesa, con probados beneficios para a saúde mental e física, realízase mediante movementos relaxados e harmoniosos en combinación coa respiración e a concentración.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Centro Veciñal Santa Margarita

Risas á esgalla
A risa é activa, creativa, aberta, contaxiosa, universal... A risa fortalece e enriquece as relacións humanas. Plantexámosche aquí....Risoterapia para todos e todas!!
*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Danzas africanas

Estas danzas baséanse en ritmos tribais, sons percutidos e sincronización da respiración e movemento. Bota fóra os complexos, libera tensións e participa con nós.

*Das 19.00 ás 21.00 h no C.C.M de Monelos
Pílulas Audiovisuais
Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas, de montaxe e gravarás a túa propia pílula audiovisual.

*Das 19.00 ás 22.00 h no Fórum Metropolitano


SÁBADO 20 DE FEBREIRO

Aikido

Esta actividade síntese das artes marciais xaponesas, é unha auténtica ciencia do combate adaptable ás capacidades de cada un.


Customización de paraugas

Dalle renda solta aos teus gustos estéticos, tuneando o teu paraugas, accesorio imprescindible para vivir nesta cidade

*Das 20.00 ás 22.00 h no C.X Abeiro

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Fin de semana de Entroido

O comezo de NOITENOVA, coincide coa fin de semana máis "entroideira" da cidade. Para sumarnos á festa do Entroido, propoñémosche as seguintes actividades:

Disfraces de emerxencia

Pénsao, cantas veces deixaches de saír no Entroido por non conseguir un disfrace a tempo? Déixate de escusas, de aquí sairás mais que preparado para unirte a túa comparsa.

O sábado 13 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h

En AA.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules

Caracterización do Entroido

Traballa coa maquillaxe a expresión facial atopando múltiples posibilidades de transformación. Celebra o Entroido converténdote niso que desexamos, que nos asusta ou que nos gustaría ser por un día.

O venres 12 de febreiro, das 20.00 ás 22.00 h

Na A.C. Manicómicos

Máscaras de Entroido

Déixanos amosarche un obradoiro de cerámica da cidade e elabora ti mesmo a túa máscara segundo as técnicas tradicionais.

Venres 12 de febreiro e sábado 13 de febreiro

Das 19.00 ás 23.00 h no Taller V/M

E, por se o Entroido non é o teu...

Pílulas Audiovisuais*

Obradoiro de creación de reportaxes e vídeos documentais. Neste obradoiro, coñecerás os novos formatos televisivos, aprenderás as bases da linguaxe audiovisual, farás prácticas de entrevistas e montaxe e gravarás a túa propia pílula dixital.

O venres 12 de febreiro, das 19.00 ás 21.00 h

No Fórum Metropolitano

*Actividade de continuidade